Tuesday 07 de May de 2024

O prazo de preinscrición no PAI de Cabanas abrirá o próximo 1 de maio


As familias interesadas deben presentar as solicitudes por Rexistro entre os días 1 e 15 de maio.

A área de servizos sociais do Concello de Cabanas informa de que o próximo luns, 1 de maio, abrirá o prazo de preinscrición para o Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas para o curso 2023/24. Dito prazo estará aberto até o 15 de maio.

O PAI As Viñas ten unha capacidade de 20 prazas, e para o vindeiro curso 2023/24 ofértanse un total de 11 prazas, distribuídas en 4 prazas para crianzas de entre 4 e 12 meses; 3 prazas para as que teñen entre 13 e 24 meses; e 4 prazas para menores entre 25 e 36 meses.

As solicitudes deberán presentarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, no seu defecto, no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina, xunto coa documentación adicional, que pode consultarse na web cabanas.gal.

Para máis información, pódese contactar por correo electrónico en servizos.sociais@cabanas.gal ou no teléfono 981 495 959 (ext. 2).